Diciembre 2023
L M X J V S D
« Abr    
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

AIRE

Esta acción está pensada para ser levada a cabo por cualquer ciudadá o grupo de ciudadáns, no ámbito de POÉTICAS PARA UNHA VIDA III, e é unha proposta de CLEMENTE PADÍN.

AIRE
Acción artístico-social.
Instrucións para levala a cabo:
Colgar a palabra A I R E con letras soltas dispostas a disímil altura nunha árbore grande nun lugar de gran afluencia de público. Pódense utilizar dunha a varias árbores de acordo ás posibilidades de produción. O material a empregar na confección das letras será nailon ou cartón branco (se é posible fluorescente para que se vexa de noite), duns dous a tres metros de altura en formato Arial.
Cada persoa que leve a cabo a acción permanecerá durante 2 horas sentada xunto á árbore portando unha máscara de gas ou unha simple máscara facial, e ofrecerá aos transeúntes volantes tamaño postal denunciando a problemática do aire e a súa contaminación.
Ao cabo das 2 horas, as letras serán paseadas polas inmediacións levadas por 4 axudantes. Finalmente as letras serán deixadas no chan fronte ao edificio do Museo Verbum.

Clemente Padín, Montevideo, Uruguay (1939), é un recoñecido poeta experimental a nivel internacional. Foi impulsor de importantes proxectos nos anos ’60 do XX, entre eles a creación das revistas Los Huevos del Plata e Ovum 10.

A intervención urbana AIRE foi levado por última vez na 2da. Bienal Internacional de Arte en Tesalónica, Grecia, o 30 de Maio, 2009


REALIZACIÓN DA ACCIÓN 16 / ABRIL /2011 en
POÉTICAS PARA UNHA VIDA

LUGAR: FRONTE Á MUSEO VERBUM

INTERPRETACIÓN DA ACCIÓN COORDINADA POR CRISTINA PAN