Día 7, 20 h. Mª do CARME KRUCKENBERG |
Ao violoncello: SUSANA BRANCO NOVA |
Mª do Carme Kruckenberg (Vigo, 1926) é unha das poetas galegas máis relevantes da súa xeración. Partícipe desde moi nova da vangarda poética española na que colaborou da man, entre outros, de Vicente Aleixandre, Rafael Alberti e Dámaso Alonso, Kruckenberg é parte da memoria viva e cultural deste país.
20 libros en galego e 9 en castelán, ademais de contos, traducións e artigos, compón unha polifacética e abundante produción, entre a que figuran tamén varios libros inéditos. Carme é Viguesa Distinguida, Premio Alecrín, Medalla de Galicia, Dama do Padroado Rosalía de Castro, Medalla Castelao, Galega Destacada (Diálogos 90), Medalla da enxebre Orde da Vieira, Letra E de A.E.L.G., Premio 1º de Maio ao compromiso social e á solidariedade, e o seu nome dá nome a unha praza de Vigo, recoñecementos que non só fan mención ao seu labor como poeta senón tamén á súa propia vida, comprometida sempre coa realidade social na que habita.
Acompañada do violoncello, Carme recitará poemas de Vivir, aventura irrepetible, Lembranzas de beleza triste, As complexas mareas da noite e Os límites do arreguizo.
__________________
__________________
BIOGRAFÍA Mª do Carme Kruckemberg Sanjurjo
Naceu en Vigo o 3 de Xuño de 1926. Estuda na mesma ciudade, no “Colegio Alemán”. Co gallo da guerra europea non pode rematar os estudos ó pecharse o colexio e nágase a comenzar de novo nuhn instituto, xa que ten que examianrse do primeiro outra vez, así que estuda pola sua conta, idiomas, historia, ciencias, literatura, etc. Pódese decir que é unha auténtica autodidacta. A meirande parte dos seus coñecementos debellos a seu pai que infundirá verdadeiro amor polo coñocemento.
Casa no 1949. Despois de visitar Francia e Italia viaxa a Argentina e vive en Buenos Aires catro anos. No rio da Plata coñece a elite dos escritores arxentinos e de motios mais paises de América, refuxiados políticos, así como a galegos e expañois que están na mesma situación. Un dos mais importantes foi Castelao, con quen estivo duas veces falando de política e literatura en maio, en mais en novembro de 1949, dous meses antes de seu pasamento.
Foi unha gran amiga de Rafael Alberti e Mª Teresa León, “os seus pais de Arxentina”, como ela os define. Na casa dos Alberti, coñece a Miguel Angel Asturias, Goloria Alcorta, Oliveiro Girondo y Nohra Langue, Estela Canto, Mª Rosa Oliver, Salazar Bondi e Guillermo de Torre que a presenta a seu cuñado Jorge Luís Borges, e con quen reúnese todolos mércores no Richmond da rua Suipacha.
Sepárase de seu marido no ano 1953 e volve a súa terra no mes de Marzo. Ese mesmo ano en casa dos García Lorca coñece a Vicente Aleixandre e Dámaso Alonso. Nas reunions no Café Gijón trata moi especialmente a Gerardo Diego.
POESÍA
1950. Nestes anos escribe Cantigas de Vento, Los parajes inmóviles e Rumor de Tiempo, editados entre 1956 e 1958. En Bós Aires escribe e pubrica Las palabras olvidadas, unha carpeta de tres poemas adicadas a Paz, par Congreso da Paz de Viena de 1950.
1958. Fai un libriño para a su filla Farol de Aire. Nestes anos viaxa constantemente.
1962. Remata en Saint jean de capa Ferrat Poemas inevitables para la colección “Alrededor de la mesa”, Bilbao.
1964. Tauromaquia en línea y verso, con debuxos da autora.
1969. Memoria de mi sueño.
1972. Cantigas de amigo a Ramón G. Sierra Pampillon
1976. A sombra ergueita. Ediciones Castrelos.
1986. Cantigas para un tempo esquecido. Ediciones O Castro.
1990. Cinco poemas o mar: Ardora, para Baiona Horizonte Atlántico con gravados de Antón Goyanes.
1992. Alegoría do ensoño ferido. Edicións O Castro
1996. Poemas inevitables. Concello de Vigo.
1997. Edición venable de 21 poemas nhun grido de luz, e Meditacións a beira da noite.
1998. Mª do Carme Kruckenberg e 3 poetas madievais da ría de Vigo. Edita Comisones Obreras.
1998. Vivir, aventura irrepetible, en castelan e galego. Libro sobre os 39 paises que percorreo durante istes anos.
1999. Jazz espido. Edicións O Castro, con debuxos de Eva LLorens.
1999. Poemas sen resposta. Ediciones Espiral Mayor.
2000. Obra poética case completa. Ediciónss O castro-Sargadelos, poemas editados dende 1953 ata 2000
2003. Lembranzas da beleza triste. Editorial Espiral Mayor.
2004. Luz para un novo mencer. Edicións O Castro.
2006. As complexas mareas da noite, Editorial Espiral Mayor.
2007. Os límites de arreguizo. Editorial Espiral Mayor
PROSA
1968. El nieto de la sirena. Edicións faro de Vigo, con debuxos de Mª Victoria de la Fuente.
1997. Anael, o vello deus do Mato Groso. Edictou o BNG “Novo do trinque”
1998. O ratiño do Pazo. Debuxos Eva Llorens. Edición non venable.
1998. O paxariño de Sevilla. Edición non venable.
1998. A coroza. Edicións Agua Tinta.
1999. Historias na memoria. Editada por CCOO, con debuxos de Antón Goyanes.
2000. A pulga garimosa. Edición non venable.
2003. A rapaza da frauta e A bolsa de plástico, con debuxos de Evva Llorens. Edicións non venables.
2003. A moneda de vento, con debuxos de Mercedes Lence. Edición non venable.
2004. O gato de San Xoan de Piñeiro. Edición non venable.